«O Dezasete», a cita das Letras Galegas no Couto, Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Faia Díaz
Faia Díaz BASILIO BELLO

Antes de que cheguen as Festiletras, haberá en maio catro días de «milagre» cultural

02 may 2022 . Actualizado a las 20:44 h.

A Fundación Eduardo Pondal conmemorará as Letras Galegas cunha nova edición, a 40.ª, das Festiletras. Iso será en setembro, pero antes, na propia data, en maio, poderase gozar dun programa cultural que xa ten, tamén, nome propio: «O Dezasete».

Sábado 14 de maio

Itinerario en bus ata Muxía, guiado polos estudosos da obra de Pondal Manuel Ferreiro, Felipe Senén e Félix Neira. Na Fundación, ás 12.30, contacontos para os nenos co camerunés Boniface Ofogo, que tamén ofrecerá unha sesión de narración oral, ás 21.30, na Casa dos Veciños.

Domingo 15 de maio

Ás 12.00, ofrenda floral e entrega dos Premios Bos e Xenerosos. Será tempo, tamén, para unha exposición fotográfica sobre estes 40 anos de cultura.

Luns 16 de maio

Xunto co humor e a oralidade, outro clásico, o teatro. Dende terras de Labarta Pose (Baio) chegará Badius co seu espectáculo titulado A Peregrinaxe.

Martes 17 de maio

Percorrido polas placas dos escritores con pegada na sede da asociación cultural Monte Branco. Recital poético de Rosalía Fernández, Suso Lista, Claudia Castro, Alexandre Nerium e Xurxo Souto: unha «dose de reforzo». Cantará Faia Díaz.