«La palabra tiene un poder devastador»

Patricia Blanco
Patricia blanco CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

ANA GARCIA

Charles Olsen, Diana Varela e Villo Argumanez pasaron polo IES Eduardo Pondal

22 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Les diré a los chavales que no cometan las torpezas de sus padres». Villo Argumanez (Toledo) é guionista, colaborador de fanzines e revistas, ademais de autor de varios poemarios. El, cunha capacidade prodixiosa e humorística para a fala sobre a literatura, a natureza, a neurociencia ou a propia vida, foi un dos convidados onte da actividade no instituto Eduardo Pondal de Ponteceso Tres poetas, tres linguas, unha iniciativa do departamento municipal de Normalización Lingüística que dirixe Carlos Penedo e do que é técnica Julia Ures. Estivo Villo ao carón da cormelá Diana Varela Puñal e tamén de Charles Olsen (Nova Zelanda). Tres procedencias moi diversas e unha mesma querenza pola lingua e pola creatividade literaria.

As primeiras palabras deste texto fan referencia ao que Villo considera un erro: «Hay padres que consideran que una lengua puede interferir en otra, y nada más lejos. Un niño de 0 a 6 años no solo puede hablar dos lenguas, sino 6 o 7, perfectamente». A literatura, os xéneros e particularmente a poesía cruzaron o seu discurso, se ben, como anticipaba, é Argumanez partidario de improvisar: «Sobre todo -dicía horas antes de intervir-, quiero hablarles a los estudiantes de un principio ético: tienen que estar felices y esa es la única manera [en alusión á presión dos exames e a que estes non o son todo]. Que en las actividades que participen estén involucrados. No saben cuán infeliz puede ser uno incluso cuando la gente te cree inteligente». A poesía, como utensilio ben empregado, pode axudar nese camiño: «El lenguaje es el que cambia al ser humano», dixo convencido Villo. A palabra namora, fai sufrir, produce catarses, desintoxica: «Si a alguien lo dejas los primeros 11 años de su vida sin usar el lenguaje, sería irrecuperable. La palabra tiene un poder devastador».

ANA GARCIA

Con oídos atentos escoitarían Diana Varela e Charles Olsen. A primeira amosábase o xoves feliz de poder compartir tempo cos outros dous autores, «para coñecer e intercambiar información sobre o que se está facendo en cada país». Está convencida de que o diálogo entre escritores e artistas é importante e enriquecedor tanto para estes mesmos como para quen os escoita, que foi o que onte pasou no recital de Ponteceso, a onde ela levou narrativa coa novela Fin de festa e tamén algunha poesía de Fíos, segundo tiña previsto: «Cada un de nós ensinaremos unha mostra do que mellor facemos en cada lingua». Nacida en Corme, Diana está afincada na Coruña, onde vén de impulsar xunto con Xulio Valcárcel o proxecto Medulia, cun local moi coidado onde apostan pola literatura e a arte, con recitais ou exposicións. Precisamente ata alí iría Argumanez na tarde de onte: «Neste momento, todas as iniciativas son poucas», di Diana.

ANA GARCIA

Antípodas e Sr. Citizen son algún dos poemarios de Olsen, residente en Madrid hai 15 anos e mudado con 11 a Inglaterra. O inglés e tamén o idioma maorí («también tuvo sus problemas, como el gallego») chegaron da súa man a Ponteceso, como mostra de que non é preciso entender de todo un idioma para gozar da súa sonoridade. Ir coñecendo palabras novas é para el a oportunidade «de disfrutar como un niño jugando»: «Me preguntan ‘¿por qué poesía en otro idioma? Para mí es como encontrar conchas en la playa». Cando chegou a España motivado por unha cultura e un idioma distintos -estudaba guitarra flamenca e fixo a súa tese sobre Velázquez-, apenas coñecía algo de español: hoxe, algúns dos seus poemarios, son nesta lingua.

ANA GARCIA

O galego, un idioma a poñer en valor

«É froito dunha mentalidade equivocada iso de considerar que o galego non pode convivir co inglés ou con outras linguas ás que se lle atribúe maior prestixio», afirma Diana Varela. «A poesía galega é antiquísima e conecta coas tradicións europeas de máis raigame», aprecia. De aí que estime como «moi intelixente e moi didáctica» a proposta promovida por Julia Ures no instituto de Ponteceso.

ANA GARCIA

Palabras prestadas é unha especie de xogo poético vía Internet que Olsen ten en marcha. Pode ser a palabra ben divertida e mesmo darlle outros rumbos, como o audiovisual: el mesmo se move entre a pintura, a escritura, a fotografía e este medio no que elabora vídeopoemas e comparte labor coa súa muller, a poeta, escritora e artista audiovisual colombiana Lilian Pallares: «Nos conocimos en Madrid». De Charles tamén é a curta La danza de los pinceles: «Estoy muy contento de las oportunidades que he tenido en España».

ANA GARCIA

El, que viviu da man de varios idiomas, ponos en valor, como tamén fai Argumanez: «Perder lenguas es empobrecerse, como ocurriría en la naturaleza con la diversidad». Practicamente todas as linguas, e nelas o galego -coa particularidade que ten o euskera-, están entrelazadas: perder chanzos desa rede iría derivando nun ecosistema simple. Exemplifica co feito de que, en Inglaterra, a biodiversidade é un parámetro para medir a calidade de vida da poboación. Tiña el moi boas expectativas de Ponteceso: «En un espacio muy corto de tiempo, los chavales verán tres sonidos, tres fonéticas y tres formas de hacer». Incluso acabarían formando parte dun poema, tal vez constatado, tal vez apócrifo.