Serán nove espectáculos, tanto para público familiar como para público adulto, todos gratuítos
26 oct 2025 . Actualizado a las 23:30 h.O Concello de Malpica vén de presentar a súa 21.ª Mostra de Teatro, nove espectáculos que se ofrecerán ao público entre este 31 de outubro e o 13 de decembro, todos no auditorio do centro cívico. Serán propostas escénicas galegas, dende teatro familiar a adulto, con acceso libre e gratuíto, e sen necesidade de inscrición previa. Colabora a Deputación a través da Rede Cultural. As obras:
- Venres 31 de outubro • A teteira de Kabul, con Xarope Tulú, para público familiar a partir de seis anos. Son 45 minutos, teatro de obxectos. Comezo ás 20.00 horas.
- Venres 7 de novembro • Wombo Combo, da compañía carballesa Galeatro. Cita tamén infantil e familiar, 50 minutos, ás 20.00.
- Venres 14 de novembro • A nena e o grilo camiño as cores, de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, 60 minutos de proposta infantil e familiar, a partir de 3 anos: 20.00.
- Venres 21 de novembro • Coreografías dun demente, de Fran Sieira Danza. Neste caso, para adultos, ás 20.30.
- Venres 28 de novembro • Mulleres que viven soas, tamén de Sieira. Adultos, 20.30.
- Venres 5 de decembro • Chegar e encher, de Bea Campos. Narración, adultos, 20.30.
- Sábado 6 de decembro • De algo hai que morrer, con Malasombra. Adultos, 20.00.
- Xoves 11 de decembro • Sol fuerza, con aAntena. Comedia ás 20.30, para adultos.
- Sábado 13 de decembro • As desterradas, con Carme Varela (Excéntricas). Drama, para público adulto, 20.00.