Penedos: ben feito

José Manuel Pato TRIBUNA ABERTA

LAXE

01 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Desexo felicitar a os Concellos de Vimianzo e Laxe pola iniciativa de traballar conxuntamente no eido dos Penedos de Pasarela e Traba. Coido que esa é a actitude, a colaboración intermunicipal. Os Penedos, xunto co Monte Pindo e outras localizacións na Costa da Morte, son un expoñente máximo da xeoloxía nas nosas bisbarras. Coidalas e polas en valor é un acto de xustiza co noso medio e de bo facer. As xeracións futuras terán unha forte ferramenta para uso turístico de primeiro orde, que lamentablemente inda non nos decatamos do valor intrínseco que ten toda esta riqueza xeolóxica. Noutros lugares rendabilizan moi ben este tipo de espazos de carácter xeolóxico, en Cuenca por exemplo onde cobran por acceder ás visitas e se nos fixamos en Irlanda poderemos concluír, que son unha fonte inesgotable de riqueza, cunha explotación racional e respectuosa co medio, poden vivir moitas familias do que xera o xeoturismo, que ten agora mesmo un crecemento exponencial a nivel mundial. «Penedos de Pasarela, cando vos vexo, Penedos, suspiro de amor por ela», Eduardo Pondal.