Situada na aldea de Mallas, en Fisterra, será a única galería de arte galega presente na décima edición da iniciativa
03 mar 2026 . Actualizado a las 23:19 h.Do 5 ao 8 de marzo • Casa das Peritas, galería independente con sede en Mallas (Fisterra) e impulsada dende os seus comezos por Tomás Lijó e Natasha Lelenco, dá un novo paso na súa proxección. Será a única galería de arte galega presente na edición 2026 de Hybrid Art Fair —a décima—, prevista dende o 5 ata o 8 de marzo no Hotel Petit Palace Santa Bárbara, coincidindo coa Semana das Artes de Madrid.
Hybrid Art Fair está considerada como unha das feiras independentes máis dinámicas do panorama estatal, cun formato ben especial, en habitacións de hotel. O que leva Casa das Peritas a ela é Xogo, precisamente unha reflexión sobre o xogo como estrutura que organiza o sistema social contemporáneo. Inclúe obra e miradas multidisciplinares de María Magán, Vera Vizzi, Inés Silvade, Óscar Aldonza Torres e a propia Natasha Lelenco.
Avance de exposición
Dende a galería fisterrá avanzan ademais unha próxima exposición en Mallas. Abrirá as súas portas na Semana Santa, do 28 de marzo ao 5 de abril, e intervirá o espazo e a propia aldea amosando o traballo dunha ducia de artistas. Arte e rural.