Tres días de festexos en San Vicente de Duio, Fisterra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Integrantes de la comisión de fiestas de San Vicente de Duio, Fisterra
Integrantes de la comisión de fiestas de San Vicente de Duio, Fisterra COMISIÓN

Anoten: dende o xoves, discoteca CDC, degustación de callos, charanga... E carpa climatizada!

20 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que xa houbo quen abriu camiño na véspera dos Reis, a parroquia fisterrá de San Vicente de Duio volverá acoller esta semana unha das primeiras verbenas do ano. Serán tres días de festexos, que comezarán o xoves cunha misa solemne acompañada do grupo de gaitas O Rumbo, de Sardiñeiro (12.30). O venres, dúo D'Vicio e CDC con música dos 80, 90 e 2000 animarán o cartel musical, mais será o sábado a xornada de máis actividade: alboradas con Peta Forte á mañá, misa solemne, sesión vermú coa charanga Santa Compaña, degustación gratuíta de callos, animación infantil e verbena con Los Satélites, CDC e grupo La Tremenda. Haberá carpa climatizada.