Se falas galego, o Concello de Fisterra e a Xunta queren a túa voz

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Ana García

A Xunta promove un programa para recoller voces e que así o galego sexa incorporado en ferramentas de intelixencia artificial

08 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Fisterra colabora nunha campaña da Xunta de Galicia de captación de voces en lingua galega para que, deste xeito, o idioma poida ser incluído en ferramentas de intelixencia artificial, como poden ser aplicacións de localización ou asistentes de voz como Siri ou Alexa.

Deste xeito, hoxe terá lugar na Aula CEMIT a devandita recollida de voces, que consistirá en que persoas galegofalantes lean durante quince minutos unha serie de textos en lingua galega. Quen o desexe pode achegarse ata alí de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Os participantes deste Proxecto Nós, impulsado pola Xunta e a Universidade de Santiago, recibirán como agasallo un libro e un caderno pola súa colaboración.