Luis Insua, PP de Fisterra: «Este mandato foi unha perda de oportunidades para Fisterra»

F. Rodríguez / P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

ANA GARCÍA

A carreira electoral | Releva a Traba como candidato polo PP á alcaldía, para a que ven como única forma de acceso a maioría absoluta, seis edís

15 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Propietario dunha asesoría fiscal, contable e laboral, ademais de árbitro de fútbol, Luis Insua (Fisterra, 1992) releva a un histórico como José Manuel Traba e encabeza a lista do .

—Houbo que dar o paso.

—É un reto que asumo coa máxima ilusión e ganas, sobre todo para presentar unha idea de futuro para Fisterra e para os seus veciños. Imos a por todas, temos un grupo de xente nova, que vén a aportar, a traballar polo noso Concello. Queremos xuntar este novo grupo con xente con experiencia para facer unha boa engranaxe e tirar para diante.

—Levan ao exalcalde José Manuel Traba na lista, precisamente.

—Si, de número tres, é unha persoa válida, con experiencia. Hai catro anos conseguiu cinco concelleiros, aínda non conseguindo gobernar polo 4+2 de PSOE e BNG. Tanto el como Santi Insua teñen aínda moito que aportar.

—Foi daquela o PP o partido máis votado. O obxectivo este ano é a maioría para poder gobernar?

—Efectivamente. Vemos na maioría absoluta a única forma de poder chegar ao goberno. Hai ter en conta que temos en fronte a tres forzas que son máis de esquerdas, así que o lóxico de non acadar nós os seis concelleiros, serían unha alianza de tripartito. E se xa Fisterra vai como vai cun bipartito, non quero imaxinar cun tripartito. De todas formas, será a veciñanza a que elixa, nós o que temos é que traballar para que nos vexan como a mellor opción para poder acadar o obxectivo.

—Que balance fai do mandato?

—Sinceramente, os últimos catro anos foron unha absoluta perda de oportunidades. Seguimos a ser un concello de referencia, cabeza visible da nosa comarca, pero non se fixo nada por explotar os nosos recursos. Seguimos nunha deriva permanente, funcionando a base de impulsos e improvisacións. Tema infraestruturas, aí está o pavillón: non se pode chegar a esta situación cunha infraestrutura tan básica, tendo que ir os nenos xogar aos pavillóns doutros concellos. Temos estradas desfeitas, o rural abandonado... Non hai máis que ver Sardiñeiro. O turismo, clave para Fisterra, está moi pouco traballado, imos a feiras como Fitur cun discurso de cinco minutos e baixo o paraugas doutros concellos.

—E que propostas traen?

—Un programa ambicioso e realista, diferenciado por áreas. No turismo, por exemplo, é preciso desenvolver o plan especial do monte do Cabo. En infraestruturas, para empezar, un plan de limpieza e arranxo de viais. En deportes, a posta en marcha dun ximnasio municipal... Levamos moitos proxectos.

A LISTA

1. Luís Manuel Insua Lago

2. Susana Rodríguez Nemiña

3. José M. Traba Fernández

4. Jenifer Suárez Silva

5. Manuel Canosa Trillo

6. Antonio Romero Vázquez

7. Leonor Castrege Fernández

8. Enrique Miguel Benlloch Ruiz

9. Loreto Lago Traba

10. Rocío González Suárez

11. Santiago Insua Esmorís-Recamán

Suplentes: Silvia Lestón, Carlos Casais, Manuel Marcote, Juan Canosa, Estrella Santamaría

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Sobre as 07.30.
  • Que almorza? Un café con leite
  • Prato preferido: O churrasco
  • Que non comería? Vermes, por exemplo
  • Bebida preferida: A cola
  • Equipo de fútbol: Sociedade Deportiva Fisterra
  • Que coche ten? Un Honda CRZ
  • Unha afección: A arbitraxe, fíxome o que son
  • Un lugar: O Monte do Cabo
  • Unha rede social? Facebook, IG, Twitter, Linkedin...

ARTES E LETRAS

  • Escritor/a favorito/a: Pérez Reverte
  • Último libro que leu: Los 88 peldaños del éxito
  • Última película que viu: As bestas
  • Un/a artista: Alejandro Sanz
  • Un actor: Luís Zahera
  • Unha actriz: Blanca Suárez
  • Un/unha cantante ou grupo: Repetiría a Sanz
  • Tipo de música: A latina
  • Deporte que practica: Arbitraxe, correr...
  • Unha viaxe pendente: San Francisco, o Golden Gate, California