Pechaduras


Un piso nunca debería estar baleiro. Si está é que anda provocando e despois pasa o que pasa. Cando xa está ocupado é tarde para lamentarse, por iso hai que andar vivo e vixiar para que non cambien a pechadura.

En Fisterra hai xente que ten casas e non vive nelas. Só as compraron para pasar uns días de verán. Normal que chegue alguén que queira aproveitarse. Se os donos non miran para os pisos, sempre haberá quen mire por eles.

Estes argumentos utilízanse moitas veces para falar de rapazas, que teñen que escapar de quen quere cambiarlles as pechaduras. O dono dun piso no que un descoñecido entra á forza está tan desprotexido como unha muller vítima de acoso ou violencia sexual. Certamente non é o mesmo, pero moitos propietarios séntense case violados cando queren entrar na súa casa, hai alguén vivindo nela e as autoridades lle din que non poden facer nada e que ten que agardar a decisión dun xuíz, que pode tardar meses ou anos.

En Fisterra houbo xente que comprou vivendas, das ducias e ducias que se construíron pola burbulla inmobiliaria, e agora temen que a súa ausencia sexa utilizada para okupar ou para aloxar sen o seu coñecemento a peregrinos ou turistas. Camiño imos diso, como se pode sospeitar no caso das dúas casas da Anchoa.

Moito máis leve é o caso das vivendas que se alugan no verán de xeito completamente irregular. Nas axencias denuncian que é práctica habitual en Laxe e mesmo en Malpica, entre outros destinos de vacacións da Costa da Morte.

Non é o mesmo que okupar a casa doutra persoa e deixala á porta do seu propio fogar, pero si constitúe un ataque á industria turística que se pretende para unha zona que vive basicamente do sector primario e que ten nos visitantes un bo modo de completar ingresos.

Isto, a nivel de liberdade sexual, é como unha especie de club de alterne, onde as traballadoras, que non queren estar aí están alimentando, sen desexalo, fantasías que ao final levan a crer que unha muller non é máis ca un obxecto. ¿É unha vivenda merecerá tanto? Si, porque foi conseguida con moito esforzo e ilusión. Unha casa non son catro paredes.

Autor crÓNICA CIdadá

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Pechaduras