A parroquia de Seavia acollerá mañá unha rechamante proba de enduro
17 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Carlos castro Puga organizador do Enduro de resistencia de coristanco
-¿Non é moito tempo sobre a moto?
-É duro, porque son dúas horas seguidas, pero os pilotos de enduro estamos acostumados a carreiras de cinco ou seis horas, así que catro fanse ben. Gastamos uns 20 litros de gasolina por moto.
-¿Cantos pilotos competirán?
-O prazo para anotarse aínda no está pechado, porque os que queiran participar poderán facelo ata o mesmo día da proba. Por agora temos confirmados uns vinte pilotos, pero confíamos en chegar ata os 30.
-¿Hai algún destacado?
-En categoría individual destaca o laxense Dani Carracedo, un piloto moi coñecido na Costa da Morte, e por parellas Xacob Agra e Fonsi.
-O espectáculo está asegurado.
-Iso queremos e esperamos que o día acompañe. Temos preparado un circuíto bastante técnico, de entre 5,30 e 6 minutos, bonito para os pilotos e para o público, para que todos poidamos gozar durante a mañá do domingo.
-¿Que pasará se chove?
-Puxemos unha carpa e o Concello de Coristanco botounos unha man en todo o posible. Temos que agradecerllo tamén ás casas comerciais que nos axudaron. Puxéronnos unha carpa grande por se chove, para que poidamos usala como garaxes e para que o público poida ver a carreira sen mollarse.
-¿Custou traballo convencer aos patrocinadores?
-Non. Quedamos sorprendidos das facilidades que nos deron. Contabamos con máis problemas, pero puxéronnolo bastante doado, igual que dende o Concello.