As Xaviñanas, pandeireteiras de cine

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

.

Veñen de participar na banda sonora do filme «Me has robado el corazón»

08 dic 2025 . Actualizado a las 19:22 h.

Mocidade dándolle novo pulo á tradición. Velaí o que vén acontecendo nos últimos anos, e máis aínda neste 2025 de cantareiras. Un exemplo: o premiado grupo de pandeireteiras As Xaviñanas de Corcubión. Uxía, Lena, Loaira e Candela veñen de dar un novo paso na súa carreira, pois ademais de estar inmersas no seu primeiro disco, participación na gravación da banda sonora da película Me has robado el corazón, cun acto de estrea previsto para este martes 9, 19.00 horas, no Museo de Pontevedra.

Asume esta banda sonora a compositora Zeltia Montes, gañadora dun Goya no 2022 pola música de El buen patrón: neste caso, contou coas Xaviñanas para a canción orixinal do filme. «Un enorme orgullo (...) Unha experiencia inesquecíbel, moi positiva e motivadora. Permitiunos facer algo distinto ao que estamos afeitas dentro da música tradicional», apuntaron as pandeireteiras, aludindo tamén á «satisfacción» de ver como o traballo de tantos anos, dende que comezaron de nenas nas escolas de música da Universidade Popular de Corcubión, se ve agora nestas oportunidades. Óscar Casas, Luís Zahera, Miguel de Lira ou Ana Milán forman parte do elenco da película. 

Tamén este 2025 participaron no proxecto Transmisión da lingua na poesía popular, con esta entidade e a Deputación da Coruña.