«O libro sobre o Casón é unha homenaxe ao meu pai»

Brais Capelán

CORCUBIÓN

JORGE PARRI

A escritora lucense presentou o sábado en Corcubión «As inxustizas do Casón»

16 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Tamara García (Viveiro, 1984) presentou o pasado sábado na Capela do Pilar de Corcubión o seu libro As inxustizas do Casón, primeiro que se publica sobre este caso. Nel recolle os feitos que sucederon cos traballadores do complexo industrial Alúmina Aluminio, que foron despedidos por evacuar a fábrica ante o medo a explosións dos bidóns que deixou á deriva o buque panameño.

-¿Que conta o libro?

-No primeiro capítulo fálase do embarrancamento do Casón na Costa da Morte. Nos seguintes explicase a chegada dos bidóns do buque ao complexo industrial de San Cibrao, en A Mariña, e o conflito que xorde a raíz. Céntrase no despedimento dos traballadores e do comité da empresa, que daquela se chamaba Alúmina Aliminio. Os empregados foron readmitidos, pero o órgano sindical nunca conseguiu demostrar ante a xustiza a súa inocencia. Recóllense testemuñas aos protagonistas do suceso tamén.

-¿Cal é o seu obxectivo?

-O libro sobre o Casón é unha homenaxe ao meu pai (que era membro do consello) e aos seus compañeiros despedidos.

-¿Como foi a acollida do libro?

-Moi boa. O día que facía 27 anos do suceso (o 12 de decembro) deille ao comité actual da fábrica un libro como conmemoración. Na presentación en Viveiro estivo Xosé Manuel Beiras, que é o autor do prólogo. A presentación do sábado en Corcubión tamén estivo ben.

-¿Recibiu moitos agradecementos da xente que o viviu?

-Sí, o sábado participaron bastante. As persoas que viñeron contaron ás súas vivencias sobre aqueles días. Un relatou como foron evacuados a Santiago. Tamén houbo unha proxección con imaxes da evacuación que se fixo na Costa da Morte.