Álex Rei conseguiu alzarse co primeiro posto da Ecofotografía con esta imaxe dunha onda
06 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Outro dos concursos deste Ecovoz 2016 foi a Ecofotografía. Os rapaces de 6.º de primaria dos colexios participantes (16) tiñan que enviar un máximo de 3 fotografías, que baixo o lema O teu curruncho escondido, amosaran un lugar galego que lles guste especialmente, un lugar no que se aprecie a forza do medio ambiente. Esa forza foi precisamente a que fixo que Álex Rey, alumno do colexio Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira), gañase este concurso. Dende o colexio amosábanse moi orgullosos de Álex, tal e como contou Paloma Fariña, a coordinadora do grupo: «Estamos moi contentos todos». O autor da imaxe galardoada recoñece que quedou moi «algo nervioso, pero moi contento». Alex Rei conta como fixo a istantánea: «Estabamos un día meu pai e eu na casa aburridos e entón decidimos saír. Fomos ao Faro de Couso e como facía moito vento o mar estaba moi revolto. As ondas eran moi bonitas ao chocar contra as pedras. Como vimos que esta era moi grande decidimos sacar esta foto». Cando soubo que gañara e llo contou a seu pai, este «flipou». Alex Rey non se pon moitos méritos por conseguir a imaxe que leva o premio este ano. «A verdade -relata- é que non, estaba a natureza así de especial para sacar a fotografía». O vindeiro venres recollerá o premio no Aquapark de Cerceda.