A dimensión humana é o que permanece

Félix Porto Serantes

CEE

La Voz

In Memoriam | O que permanece son as persoas e os afectos. Eu quero lembrar así a Ramón Vigo 

29 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai persoas ás que coñecemos pola política e que acabamos lembrando pola súa dimensión humana. Para min, Ramón Vigo foi unha delas. Coincidimos anos como alcaldes, el de Cee e eu de Muxía. Foron tempos intensos: ser alcalde significaba levar o concello case as 24 horas do día na cabeza. Podiamos coincidir ou discrepar, pero sempre percibín nel algo para min fundamental en quen ocupa unha alcaldía: quería profundamente o seu concello. Ramón quería Cee. Pero a súa mirada non remataba nos límites municipais. Entendía Cee dentro dunha realidade máis ampla que compartiamos todos: a Costa da Morte. Existe algo que nos unía: a conciencia de pertenza a unha terra singular, afastada durante demasiado tempo dos centros de decisión. Con Ramón compartín esa etapa e, sobre todo, construín unha relación humana á que sempre lle tiven cariño.

Hai aproximadamente un ano tivemos ocasión de volver sentarnos arredor dunha mesa. Estabamos Ramón, Pichurri —que fora alcalde de Camariñas— e eu. Ramón falounos daquela do libro que escribira sobre a Operación Orquesta. Fíxonos unha confesión que gardo con especial afecto: que quería estar alí porque eramos dos poucos socialistas aos que, despois de todo o vivido, seguía respectando. Un aprende que os cargos rematan, as maiorías cambian e as polémicas que un día parecían enormes acaban ocupando apenas unhas liñas na memoria. O que permanece son as persoas e os afectos. Eu quero lembrar así a Ramón.

Último adiós ayer en Cee. Cee le tributó ayer el último adiós en el santuario Nosa Señora da Xunqueira a quien fue su alcalde diez años, Ramón Vigo, regidor en tres etapas distintas. En los últimos días han sido múltiples las muestras de condolencia por el fallecimiento a los 62 años del fundador de Independentes por Cee en 1995.