Guadalupe Vázquez presenta «A voz silenciada», este luns en Cee 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

.

Estará acompañada por Valentín García, Margarita Lamela e a psicóloga Guadalupe López

21 nov 2025 . Actualizado a las 00:17 h.

A escritora e docente Guadalupe Vázquez Formoso presentará o vindeiro luns 24 de novembro, véspera do 25N, a súa obra A voz silenciada (Ed. Toxosoutos). O libro, apoiado tamén pola Xunta de Galicia, pon o foco sobre a violencia machista.

Levarase a cabo o acto ás 18.30 horas no auditorio da Casa da Cultura e coa autora estarán Valentín García, secretario xeral da Lingua; Margarita Lamela, alcaldesa, e Guadalupe López, psicóloga clínica e autora do prólogo de A voz silenciada.

Sumarán talento ao acto, doutro lado, a coral polifónica Costa da Morte, así como a agrupación musical Chan das Lamas e Miguel Blanco ao piano. Acceso libre e de balde.