Alcaldía e varios departamentos municipais colaboran na posta en macha das variadas propostas
30 abr 2024 . Actualizado a las 19:41 h.O 36.º Día da Muiñeira de Cee abrirá este mércores 1 de maio un Mes das Letras cargado de actividades culturais organizadas dende Alcaldía en colaboración cos departamentos de Cultura, Turismo, Educación e Partipación cidadá. Así se presenta este maio na Casa da Cultura e, dentro dela, na sala de exposicións ou no seu auditorio Baldomero Cores:
Sábado 4 • Inauguración da exposición fotográfica O Camiño dos Faros: unha imaxe a cada paso. Ás 20.00 horas.
Mércores 8 • Tamén ás 20.00, presentación do libro Cuaderno de viaje al país natal: Galicia, la Vía Láctea de la saudade, de Alfonso Armada, reporteiro, poeta, camiñante. Acompañarán ao autor Ángeles e Mari Pérez, panadeiras de A Pereiriña, e Eliseo Leis, labrador de Queiroso, algúns dos protagonistas indirectos desta obra.
Sábado 11 • Talía Teatro representará Unha inimiga do pobo, grande triunfadora na última edición dos Premios María Casares. Será unha representación con fins solidarios, en tanto que a recadación da billeteira —entradas a 10 euros— irá para o pobo palestino. Haberá opción de fila cero e venda anticipada de billetes na óptica Safa ceense ou ben na biblioteca.
Luns 13 • Seguirá Talía Teatro en Cee, desta volta, ás 12.00 horas, cunha das obras teatrais máis lonxevas do panorama galego, Bicos con lingua, reflexión sobre o uso do idioma na vida cotiá. Función organizada polos institutos Agra de Raíces, Fernando Blanco e Fin do Camiño.
Xoves 16 • Percorrido pola vida e obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, da man de María Canosa e do seu libro Luísa Villalta: melodía de palabras. Será ás 11.00, para a continuación entregar os premios dos concursos convocados dende a biblioteca Francisco Mayán.
VENRES 17 DE MAIO • Ás 11.00, descubrimento dunha placa na aula de gaita en agradecemento a Plácido Baamil. Músico, dedicou boa parte da súa vida a divulgar entre os veciños a música tradicional.
Sábado 18 • Concerto da Banda de Música: 21.00. Música galega e poesía de Villalta.