«En CxG levamos varias propostas para esta zona»

Santiago Garrido Rial
S. g. rIAL CARBALLO / LA VOZ

CEE

casal

A empresaria ceense xa ten experiencia de ir en grupos municipais, pero non ao Parlamento

13 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Carmela Corbelle Casas (empresaria de Cee, 43 anos) preséntase por primeira vez ás eleccións autonómicas. Faino por CxG, pero xa ten experiencia municipal na candidatura do BNG, nos penúltimos comicios.

-O seu partido parece que o ten complicado.

-Nós queremos empezar a construír dende abaixo, dar a coñecer o proxecto, participar. E conseguir representación. Se non se acada, será máis adiante. É un proxecto a longo prazo.

-¿Como vai agromando o proxecto?

-De momento somos un grupo pequeno de xente. Trátase de ir pouco a pouco, traballando moito.

-¿Teñen en conta á Costa da Morte?

-Si, en CxG levamos varias propostas para esta zona. As máis prioritarias, de promoción económica e industrial. De parques empresariais, saneamento na ría, de buscar a viabilidade da costa, actividade pesqueira... Temos moitas propostas moi focalizadas.

Cuestionario

1. ¿Cales son as súas propostas con respecto á autovía? A principal é que remate como estaba previsto, polo menos ata Berdoias. Pero mellor sería que chegara ata Cee.

2. ¿E sobre o Parque do Megalitismo da Costa da Morte? É un patrimonio da humanidade, xa non só da nosa comarca. É precisa unha actuación conxunta comarcal de concellos e Administracións, non dunha soa.

3. ¿Que medidas contempla con respecto ao sector da pesca? Estamos atados polo Goberno central e a UE para poder actuar. A Xunta debería ter máis competencias. Non se pode facer moito tal e como estamos: é preciso outro Goberno en Galicia.

4. ¿E con respecto ao agro e ao despoboamento do medio rural? En CxG levamos propostas neste eido, con axudas á xuventude para que se fagan cargo de vivendas, a tamén medidas complementarias.