A autora de Cee e Noemí López presentan «Xiana, a nena pirata»
03 ago 2012 . Actualizado a las 14:05 h.Unha nena pirata, capitana do seu barco, que leva unha tripulación de nenos e buscan tesouros, pero moi especiais. É a historia de Xiana, a nena pirata, o libro de María Canosa con ilustracións de Noemí López e publicado por Everest Galicia. As dúas autoras presentan esta tarde, ás 18.45 horas na Feira do Libro, este álbum ilustrado.
-¿Por que unha nena pirata?
-Este é un proxecto que foi xurdindo con varias cousas. Irene Penas, de Everest, xuntounos a Noemí e a min, que tiñamos feito cousas, pero eu escribía e ela ilustraba. Esta vez pregunteille polas cousas que lle gustaba debuxar e, entre outras moitas, estaba o mar e unha nena pirata, en lugar dun neno. Para ser pirata hai que ser un pouco rebelde coma Xiana. Son piratas cazatesouros, pero de estrelas de cores, de cabaliños de mar.
-¿Primeiro escribe vostede e logo Noemí ilustra?
-Aínda que está lonxe, en Arxentina, falamos moito, e ela implicouse moito neste álbum, como en todo o que fai, e conectamos moi ben.
-Xiana, ¿ten parche no ollo?
-Si. Tamén eu tiven un parche no ollo de nena. Resúltame difícil apartarme dos libros, sempre vai un anaco de min en cada libro. As vivencias axudan a escribir porque así queda un libro máis realista.
-¿Xa está con novo libro?
-Chega estes días outro de poemas para nenos: Acuario (Editorial Embora).
María Canosa Escritora