Prazo aberto para as actividades municipais de Camariñas

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CAMARIÑAS

BASILIO BELLO

Os interesados poderán anotarse ata o 30 de setembro

16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende hoxe mesmo e ata o martes 30 de setembro estará aberto o prazo para anotarse nas actividades culturais e deportivas que ofrecerá o Concello de Camariñas para o vindeiro curso, cuxo inicio está previsto para o mércores 1 de outubro.

Danza, coreográfica, baile latino, moderno ou galego; música tradicional ou moderna, debuxo, coro municipal e escola de palillo serán as propostas no eido cultural, mentres que no deportivo esta será a oferta: fútbol, baile deportivo, náutica, ioga, pilates, ximnasia de mantemento ou Concello Activo para adultos ou persoas maiores.

Así mesmo, as ANPA do colexio da Ponte do Porto e do Areal ofertarán actividades extraescolares. O Concello ofrecerá bonificacións a distintos colectivos.