O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases. Dúas categorías: xeral e redes
17 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Publicáronse no Boletín Oficial da Provincia as bases do cuarto concurso de fotografía A Laracha no obxectivo, impulsado pola área de Turismo e con dúas modalidades: xeral e redes sociais. A temática ha de ser patrimonio natural ou cultural —material e inmaterial— do concello, recoñecible. Dende a publicación das bases na web municipal, haberá 25 días para participar. Na categoría xeral pódense achegar tres imaxes por autor e os premios serán de 600, 400 e 250 euros. Para redes, só unha proposta e premio de 250 a aquela con máis reaccións positivas.