Escora Danza avanza na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un intre das intervencións dos coros na Casa da Cultura de Vimianzo
Un intre das intervencións dos coros na Casa da Cultura de Vimianzo BASILIO BELLO

Logo de Vimianzo e Corcubión, a cita deste sábado será no porto de Malpica

09 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo provincial Escora Danza botou a andar o sábado en Vimianzo e continuou o domingo por Corcubión, na que é a súa xa quinta edición na Costa da Morte. Dende a capital de Soneira valoraron como «extraordinaria» a acollida da cita, xa sexa pola emoción que levaron os coros parroquiais de Cereixo e Carnés ou pola danza de Eva Comesaña, no que foi «un fermoso encontro entre tradición e creación contemporánea».

Claire Heggen, durante su espectáculo «Ma p'tite dame»
Claire Heggen, durante su espectáculo «Ma p'tite dame» BASILIO BELLO

A continución, a prestixiosa artista francesa Claire Heggen, con máis de 50 anos de traxectoria e investigación sobre a teatralidade do corpo en movemento, subiu ao escenario por vez primeira en Galicia con Ma p’tite dame, unha poética exploración sobre o envellecemento e o silencio que envolve aos maiores. No horizonte, a cita máis inminente de Escora será en Malpica, ás 19.00 horas deste sábado 13 de xuño no porto: alí poderase gozar das artes circenses con Martaalonsotejada e do espectáculo tecido por Ruth Balbís e Raigañas: O. Que todo volva comezar.