«A ansiedade polo cambio climático xa é un problema»

Antón Lestón
a. lestón CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Beatriz Lema, nunha imaxe de arquivo tomada na Coruña
Beatriz Lema, nunha imaxe de arquivo tomada na Coruña ANGEL MANSO

Ecovoz 2026 | Bea Lema fundou anosatrás a Escola Galega do Benestar, da que deu unhas pinceladas en Ecovoz

01 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A partir dunhas xornadas do Instituto Galego do Talento, Bea Lema fundou hai dous anos a Escola Galega do Benestar, que impulsa formacións, proxectos de emprendemento ou diversos programas de colaboración buscando unha sociedade con saúde e recursos.

—Buscan o benestar da poboación dende diversos ámbitos.

—Si, comezamos cun programa como En Forma Mente e Corpo, coa colaboración dos concellos, ou Prevenciona, máis enfocado tamén a colectivos con altos niveis de de estrés, como forzas de corpos de seguridade, etcétera. Pero neste tempo empezamos a darlle unha orientación máis forte ao tema da da sustentabilidade a raíz dunha formación co científico do CSIC, Fernando Valladares.

—Foi entón cando a crise climática colleu protagonismo no día a día da Escola.

—Si, dende o ano pasado falamos de que non se está a cumprir estritamente a lexislación vixente e de que queriamos apoiar iso que nos levan dicindo anos os científicos en canto a crise climática e medioambiental. Entón, con profesionais de recoñecido prestixio, traballamos na prevención de riscos psicosociais, do benestar, non só en relación co estrés, senón tamén, por exemplo, coa alimentación saudable, que está moi ligada tamén aos territorios e ao consumo local. Así naceu Red Vital, que é unha asociación que amosa esa rede de produtores que o están a facer ben, preocupándose pola saúde e calidade de vida dos seus veciños.

—A xente admite esa ansiedade cando lle falan destas cuestións?

—Hai de todo. Aínda existe xente que nega incluso o cambio climático, pero hai moita que si é consciente de que isto está cambiando moito, afectando a sociedades enteiras. Depende da xestión de cada un.