Houbo un reencontro entre os extraballadores das oficinas da Costa da Morte
18 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.«En Caixa Galicia había unha forma de traballar moi diferente a da actual banca, faciamos comidas e ceas por todo, cun gran compañeirismo». As palabras da muxiá Amparo Baña quedaron ben contrastadas onte, cando corenta e tres antigos empregados das oficinas da Costa da Morte se reuniron na Casa da Canle, en Braño. A vimiancesa Mercedes Lema e o corcubionés Tito Cerviño axudarona ca organización dunha comida que foi un éxito e a que só faltaron uns poucos convocados. «Algúns non nos viamos dende hai máis de trinta anos e con outros só coincidiamos en tanatorios, xa era hora», comentou Baña. O máis veterano dos asistentes supera xa os oitenta anos, e outros aínda están empezando a gozar da xubilación, pero todos acordaron que hai que repetir.