A xunta cabanesa da Asociación Española Contra o Cancro comezou este venres unha fin de semana moi activa
06 feb 2026 . Actualizado a las 19:44 h.Este venres botou a andar na provincia a campaña La compra de tu vida que promove a Asociación Española Contra o Cancro en distintos establecementos. A xunta cabanesa da AECC estivo no Gadis de Baio pola mañá informando da iniciativa, que se estenderá ata a próxima fin de semana. Pódese colaborar facendo aportacións, que irán destinadas de forma íntegra á investigación da enfermidade, explicou a presidenta cabanesa, Julia Blanco.
De outro lado, con motivo do Día Mundial Contra o Cancro (4 de febreiro), o voluntariado achegarase este sábado e domingo a varios partidos de fútbol en Ponteceso, Corme, Laxe e Cabana para visibilizar a enfermidade. Así, repartirán brazaletes verdes entre os xogadores. Blanco agradece todo o apoio dos colaboradores.