Medio millón da Deputación para persoal técnico de normalización lingüística
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
Carballo, Ponteceso, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Zas e Cerceda están entre os concellos da Costa da Morte solicitantes
23 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Deputación da Coruña vén de conceder axudas por 496.000 euros a concellos —de máis de 5.000 habitantes— e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística durante este 2026. Solicitaron o apoio de forma individual Carballo e Ponteceso, e, de xeito conxunto, Corcubión e Fisterra, Dumbría e Zas e Cerceda, esta última dentro da Mancomunidade de Ordes. Pode consultarse ao detalle a listaxe e cantidades no BOP. «Este persoal desempeña un papel fundamental para facer efectivo o dereito da cidadanía da vivir en galego», sinala Sol Agra, deputada de Lingua. Aínda se poden facer solicitudes: o orzamento previsto era de 540.000 euros.