«A novela do bravú», o novo de Xurxo Souto

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Imaxe da portada do novo libro de Xurxo Souto
Imaxe da portada do novo libro de Xurxo Souto .

É a súa máis recente obra literaria, publicada o pasado mes de decembro

15 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Publicado a finais do 2025, alá polo mes de novembro, é este inicio de ano un bo momento de repouso para entregarse ás páxinas dun libro, e a proposta pode ser A novela do bravú, que rubrica Xurxo Souto e que chegou ás librarías da man da editorial Xerais e baixo a colección Libros con Xeito. Din na sinopse da obra: «Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: Na antítese da morriña está o bravú». Xurxo Souto, ao que aluden na biografía como «terrícolo redondo», é nado na Coruña, mais xa en boa medida un bergantiñán, no seu exercicio de docente.

Nado no 1966, é historia viva dos Diplomáticos de Monte Alto, piar de proxectos como a Banda Xangai e autor das obras Contos do mar de Irlanda, A gran travesía de Chiruca Macallás ou Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta. A novela do bravú, recuperando unha época que marcou e deixou tanto legado, é o seu traballo máis recente.