Música, cantos, contacontos, beléns e máis para este martes na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A mostra inaugurouse no seu día en Carballo
A mostra inaugurouse no seu día en Carballo BASILIO BELLO

Unha actuación prevista en Arou para hoxe posponse

16 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Intensa actividade trae este martes en varios puntos da Costa da Morte:

CeeA Escola de Música celebra o seu Festival de Nadal ás 19.00 horas no Auditorio Baldomero Cores.

Coristanco • A EFA Fonteboa celebra o seu XIV Concurso de beléns con fallo a partir das 12.00.

Malpica • A exposición Letras cantadas, unha homenaxe do Concello de Carballo ás cantareiras locais máis emblemáticas, pode visitarse xa no Centro Cívico.

Zas • Os Ratiños de Lonxedetodo chegan ás 18.30 á biblioteca de Zas co contacontos infantil O que non sabías do Nadal.

Vimianzo • Os Cantos de Nadal con Teté Teatro farán parada na Casa da Cultura de Baíñas ás 18.00, e no local social de Comareiro, en Serramo, ás 20.00, mentres que Papá Noel visitará por videoconferencia aos escolares dos colexios San Vicenzo e Baíñas.

Avisos

Carballo • Os Faladoiros con Alejandro Castro (acupuntor) conclúen co cuarto encontro na biblioteca Rego da Balsa ás 19.30. As prazas xa están esgotadas, segundo informa o Concello na súa web.

Arou • A actuación dos coro de Camariñas e Camelle aprázase ata nova data.