Dobre cita no Novembro con música e máis para hoxe na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A obra Un deus salvaxe, de Talía, poderá verse hoxe na Laracha
A obra Un deus salvaxe, de Talía, poderá verse hoxe na Laracha ANA GARCIA

Axenda diaria | Teatro, literatura, conciencia ou audiovisual tamén se suman ás propostas da xornada 

14 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais da peza teatral da Mostra de Malpica, outra das paradas importantes deste venres 14 de novembro estará en Carballo, onde bota a andar con dúas citas o programa municipal Novembro con música. A primeira das propostas será ás 21.00 horas no Pazo da Cultura, neste caso unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa que colabora a área de Cultura. Trátase dun ciclo de concertos homenaxe ao compositor Xoán Montes: Xoán Montes ao piano reunirá aos intérpretes Javier Ares, Jorge Briones e Pablo Diago. O acceso é libre ata completar aforo. A segunda das propostas está prevista no local social da asociación San Campio de Cances —organizadora—: é a 19.ª edición do festival Live in Cances, que dende as 22.00 reunirá aos grupos The Cerne, 12 Labirinto e Plástico.

Carballo • Ás 12.15, no Fórum, gala de entrega dos recoñecementos Vilas en Flor.

A LarachaSegunda parada do ciclo Venres Teatrais impulsado polo Concello. Na Casa da Cultura, ás 21.00, Un deus salvaxe, de Talía. Entrada de balde, ata encher aforo.

CeeNa Casa da Cultura, ás 20.00, presentación do último libro de Mohamed Safa: Gaza, un xenocidio televisado. Estarán canda el Margarita Lamela e Modesto Fraga, en presentación de Medulia.

VimianzoRemata o ciclo de proxeccións Mestre Mateo, organizado pola Academia Galega do Audiovisual. Na Casa da Cultura, ás 20.00 horas, quenda da longametraxe de ficción Honeymoon.