Emigración | Será este vindeiro sábado, representación da Costa da Morte nun cartel máis amplo
13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Salle Communale d’Onex, en Xenebra, Suíza, acollerá este vindeiro sábado o Terrafest 2025, unha iniciativa da Irmandade Galeza na Suíza co apoio de diversos organismos, públicos e privados, entre eles a Secretaría Xeral de Emigración. No cartel hai presenza da Costa da Morte, caso das bandas De Ninghures e Alana. Tamén estarán Ings Trad, ACG A Roda, Galicia Celta Delémont, Loita Armada e Kike Varela. «Será a nosa estrea nunha terra que historicamente tivo moito vencello con Galicia», contan dende Alana, integrada por Antía Vázquez, Eloy Vidal (Corme) e Pablo Castro (Vimianzo).