Un venres para pasalo enteiro nas bibliotecas 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

É 24 de outubro, día dedicado a estas instalacións, e na Costa da Morte hai varias propostas conmemorativas

24 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis alá do segundo día dos Premios Fouciño, ou do encontro literario en torno á saúde mental previsto en Muxía, moitas outras citas deste venres 24 de outubro están ligadas na Costa da Morte á conmemoración do Día das Bibliotecas. Entre as propostas: 

Teatro en Baio

Dentro do ciclo literario e cultural «Follas de outono», organizado polo Concello, alumnado do Labarta Pose asiste ás 11.00 á obra «Pegadas de Castelao», de Migallas Teatro. É o Día das Bibliotecas.

Premios en Cee

Ás 12.00, no instituto, entrega dos 14.º Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao curso 2024-2025.

Café e chocolate en Carballo

Non nun sitio calquera, senón na biblioteca Rego da Balsa, conmemorando o Día das Bibliotecas. Ás 10.30, café e chocolate para quen se acerque á instalación.

Outono na Biblio en Dumbría

Monicreques de mesa con Babaluva Títeres, ás 18.30 na biblioteca do Conco. Obradoiro «Formas que falan», arredor de mulleres artistas. Prazas limitadas.

Obradoiro na vila da Xunqueira

Conmemorando asemade o Día das Bibliotecas. Ás 18.00, na Francisco Mayán, taller para a creación dun libro.

Maxia con Dani García en Vimianzo

Parte da Semana da Biblioteca. Ás 10.30 horas, no colexio San Vicenzo, «Maxia entre liñas», a cargo de Dani García.

Presentación en Corcubión

Ás 20.00 horas, na Capela do Pilar, Modesto Fraga presenta a súa máis recente obra, «As almas da fisterranía». Acompañan Rafael Mouzo e Juanma Abelleira.

Lila Teatro, en Paiosaco

Avanza o «Outono de Contos», desta volta con cita no centro sociocultural de Paiosaco, ás 18.00: «Contos de caverna», con Lila Teatro, para maiores de 5 anos. A peza é unha homenaxe aos maiores.

Documental en Vimianzo

Ás 20.00, na Casa da Cultura, documental «Prefiro condenarme», parte do Ciclo de Cine Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual.