Concerto de Xabier Díaz, presentación literaria en Cee.. Máis axenda lúdica para hoxe na Costa da Morte!

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Xabier Díaz
Xabier Díaz ANA GARCIA

Toma nota de todo o que podes facer hoxe, xoves 17 de xullo, na comarca!

17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Festexos do Carme aparte, avanzamos na semana coa seguinte axenda cultural, social e lúdica:

Cabana · «Concerto con encanto» nas instalacións do centro arqueolóxico Dolmen de Dombate. Hoxe, con Xabier Díaz. Será a partir das 22.30 horas.

Corme · Continúan os actos para homenaxear o 250 aniversario da expedición da goleta Sonora ás costas de Alaska, co cormelán Francisco Mourelle a bordo. Hoxe (19.30), o MACCMO acollerá unha conferencia de Suso Lista e María Suárez que leva por título «Expedición a Alaska».

Muxía · Dobre sesión de concertos ás 13.30 e ás 19.30 e churrascada, a partir das 20.00 horas.

Cee · A Alameda ceense acollerá hoxe a presentación de, novela pola que a Fernando Castro Paredes lle foi concedido o Premio Galaxia. Será ás 20.30 e estará acompañado pola concelleira de Cultura, Luísa Rodríguez, e polo director de Edicións de Galaxia, Marcos Calveiro.

Malpica · Dende hoxe, e ata o vindeiro 31 de xullo, terá lugar en Malpica unha nova edición do obradoiro de arte urbana Pintar na rúa.

Caión · O Centro Sociocomunitario acollerá hoxe, a partir das once da mañá, un taller de arte con lixo mariño. Impartirá RetoqueRetro.

A Laracha · Nova visita guiada no castro de Montes Claros (12.00).