Teatro a favor do cancro desde Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

O grupo de adultos da escola municipal logrou recadar con dúas actuacións máis de mil euros

03 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de adultos da escola municipal de teatro de Vimianzo recadou a pasada fin de semana 1.035 euros para a loita contra o cancro. O alumnado estreou o sábado a iniciativa coa obra Milagre no convento. O entusiasmo e o talento dos intérpretes fixo que a actuación do día seguinte, con Un alto no camiño, fose novamente un éxito en acollida. O Concello fixo entrega da doazón íntegra á Asociación Española Contra o Cancro.