Apoio soneirán á misioneira Estrella Arjomil e o seu labor en Mozambique

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

PARROQUIA DE VIMIANZO

Máis de 5.000 euros foron recadados esta fin de semana na Cea da Fame promovida por Cáritas en Vimianzo

27 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O centro comercial Fonte dos Cabalos, en Vimianzo, acolleu na noite do venres a celebración da Cea da Fame de Cáritas. Foi unha verdadeira demostración de solidariedade cara os máis desfavorecidos, e os 5.145,85 euros recadados serán entregados á misioneira Estrella Arjomil para contribuír ao seu labor en Pemba (Mozambique).

PARROQUIA DE VIMIANZO

Houbo, así mesmo, 82 agasallos doados por comercios e establecementos do entorno.