Habrá actividad desde las 17.00 horas en las inmediaciones de O Conco
24 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.El Concello de Dumbría acogerá esta tarde la cuarta prueba de la décima edición del Correndo pola Costa da Morte. Con las inmediaciones de O Conco como epicentro de la jornada, la actividad arrancará a las 17.00 horas, con las carreras de los sub-10 y los sub-12. La salida de la 3K será a las 17.45, mientras que la del 10K tendrá lugar una hora después. Desde la organización, esperan más de 500 participantes para esta cita.
Cortes de tráfico
La celebración de la prueba obligará al Concello a realizar varios cortes de tráfico. Desde las 18.45 hasta las 20.00 horas, se cerrarán las vías de acceso a Canelas y Cheo, y las conexiones desde Dumbría a cementerio de Cores, Caforra, Castro, As Carizas, Ferrío y Figueroa.
César Ferrío: «Eliminamos desnivel na 3K para facela máis rápida»
O Correndo pola Costa da Morte chegará este sábado pola tarde a Dumbría
O Correndo pola Costa da Morte fai este sábado a súa cuarta parada do 2025 no Concello de Dumbría. Alí, ao pé das instalacións deportivas de O Conco, congregaranse centos de deportistas para participar nunha proba que comezará ás 17.00 horas, cas carreiras sub-10 e sub-12. A inscrición pecha esta noite (23.59 horas), pero as cifras apuntan a ser similares ás dos últimos anos, con máis de 500 participantes. O técnico de Deportes municipal, César Ferrío falou onte da proba no Voces de Bergantiños.
—Hai algunha novidade nos percorridos?
—Si, fixemos un cambio na carreira de 3 quilómetros e eliminamos un pouco de desnivel. Sabemos que é unha proba rápida, na que aos corredores non lles gusta atopar moita costa. Quitamos a subida ao cemiterio de Cores, pero mantemos a esencia nos dous percorridos principais. Tanto o da 3K como o da 10K, son traxectos mixtos no que se refire ás superficies. Combinamos asfalto con terra, pasando da estrada ao camiño dos peregrinos.
—Que é o que máis lles gusta normalmente aos participantes da proba dumbriesa?
—O tramo do camiño dos peregrinos, sobre todo na 10K, que son sobre 500 metros dun tramo estreito baixo unha vexetación moi frondosa. É moi fermoso e serve para que se refresquen, sobre todo se está un día de calor.
—Pese a consolidación do circuíto, segue preocupado polo número de inscritos?
—O xusto, pero quizais teño unha visión máis particular. Creo que as carreiras con máis afluencia son sempre as dúas primeiras, pero no resto de meses comeza a haber máis compromisos, como vodas ou outros eventos. Non obstante, nós seguimos na mesma liña e contaremos cuns 500 ou 600 deportistas, que está moi ben. Esperemos, iso si, que non chova, que o ano pasado non parou en todo o día.
—Que é o mellor de cada unha destas xornadas?
—O ambiente. E un día no que todo o mundo vén pasalo ben, moitos con amigos ou con familiares. É moi fermoso para nós organizala.