O que podes facer hoxe, último día de abril, na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

As actividades da Semana do Libro e da Lectura continuaron onte en Carballo. Na imaxe, Pablo Díaz
As actividades da Semana do Libro e da Lectura continuaron onte en Carballo. Na imaxe, Pablo Díaz

En Carballo, Xabier Díaz presentará o seu «Cancioneiro Serodio»

30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegamos ao final do mes de abril coa seguinte axenda cultural e social:

Vimianzo · Máis de noventa rapaces do IES Terra de Soneira participarán hoxe nunha actividade de Abanca denominada Plantando árbores con pinceis. Será a partir das 11.35 e consistirá na elaboración dun mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes. Dirixirá Rakele Cavallo.

Carballo · Xabier Díaz presentará hoxe ás 20.00, no Pazo da Cultura, o seu Cancioneiro Serodio.

Carballo · Continúan as actividades da Semana da Familia, hoxe cun acto relacionado con como pasan o Xubileo as persoas internadas en institucións penitenciarias.

Carballo · Conclúen os actos da Semana do Libro e a Lectura con A biblioteca galáctica contra a IA fantástica, de Títeres Tanxarina; Algo máis sobre...ELAS, de Vero Rilo, e Contos para andar o camiño, conta contos de Trinke Trinke (17.30 e 18.30).

Baio · Finaliza o Mes do Libro no instituto coa presentación de Contas de buxo, de Raquel Fernández (10.45, para cuarto da ESO).