Un mércores con peso para o público miúdo na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Primeiro día de funcionamento da ludoteca de Un Paso Máis
Primeiro día de funcionamento da ludoteca de Un Paso Máis ANA GARCÍA

Así vén a axenda deste 19 de febreiro, con citas múltiples dende a capital de Bergantiños

19 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Mércores 19 de febreiro, e a seguinte axenda para o día na Costa da Morte, con peso destacado da propostas dende Carballo:

Carballo • O programa Medrando con Apego ofrece para pequenos de 3 a 6 anos a sesión «A nosa lúa». Haberá dúas quendas, ás 17.00 e 18.30, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. En colaboración co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (Grica) da UDC.

Carballo • Chega ao instituto Alfredo Brañas a iniciativa Letras cantadas, arredor das Letras e para fomentar recollidas por parte do alumnado na súa contorno familiar e veciñal.

Carballo • Avanza o febreiro musical do Conservatorio Profesional: hoxe, audición de cello ou acordeón, ás 17.00, no Pazo da Cultura.

Carballo • Funciona a ludoteca de Un Paso Máis, na Escola de Arrabaldes, entre as 17.00 e as 19.00. Consulte dispoñibilidade no correo unpasomais@gmail.com.

Coristanco • Segunda sesión do curso Fundamentos de Apicultura Práctica, promovido pola EFA Fonteboa. De 18.00 a 20.00, tratarán sobre o asentamento, aspectos legais e localización. Para consultar se se pode acudir: fonteboa@fonteboa.es.

E aproveite para... • Quedan só dez días para que peche a exposición de Loli España no andar-1 do Pazo da Cultura de Carballo: visitas de luns a sábado, de 17.00 a 21.00. Tamén na rúa Coruña, ao aire libre, está a das investigadoras carballesas: este vindeiro 22, visita do comité do Pint of Science.