Asunción Antelo, pedra angular do programa coristanqués das Letras Galegas
CARBALLO
Ata o día 11 estará aberto o prazo para concursar no certame literario que leva o nome da Rexubeira de Bergantiños
05 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A programación coristanquesa polas Letras Galegas terá este ano como protagonista a figura de Asunción Antelo, Rexubeira de Bergantiños. Será, por unha banda, a través da sétima edición do certame que leva o seu nome e que pretende o fomento de valores literarios e creativos en Bergantiños. Convoca o Concello en colaboración cos equipos de dinamización lingüística dos colexios Alcalde Xosé Pichel, Canosa-Rus, Bormoio-Agualada e CRA A Tarandeira e o prazo para participar estará aberto ata o día 11. Hai varias categorías: cómic, poesía, narrativa, monográfico e debuxo.
O 21 de maio (10.00 horas), por outra banda, celebrarase unha ruta literaria de sendeirismo tamén bautizada como Asunción Antelo. Entre medias, e ata o 31 de maio, no edificio de Servizos Múltiples estará exposta unha mostra en torno á figura de Florencio Delgado Gurriarán. Ademais, Antía Yáñez protagonizará o día 17 unha actuación de animación á lectura, na biblioteca (11.30 horas).