Maradona ofendendo a Pondal

Paco Cotelo TRIBUNA ABERTA

CARBALLO

08 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Corría o ano 1986 e na Arxentina dicíase que non precisaban de Deus; comentaban, convencidos, que lles abondaba con Maradona. Acababan de gañar o mundial de fútbol de México e o Olimpo tiña outro inquilino, de profesión peloteiro.

Discorre o ano 2020. En Ponteceso, alguén incapaz de verse so cunha única rosa da man, acaba de ditaminar que non precisamos de Pondal, que o seu recordo non merece ter un espazo propio na memoria dos seus, si este se pode transmutar nunha taberna chic que sobrepoña os valores do negocio do ocio por enriba dos da cultura galega.

E o meu retorcido maxín establece, de repente, maridaxes entre como acabou Maradona no limbo dos ausentes e como será o futuro do pobo dos nosos fillos se lle damos anticipadamente o retiro a Pondal por non gañar o mundial da pelota.