Ilva Carril: «Sandra Insua é o mesmo lobo con pel de cordeiro»

F. Rodríguez / M. López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

XURXO R.BANA

A carreira electoral | Cre Ilva Carril (candidata do BNG) que, pese a que as filas socialistas de Camariñas cambiaron de candidato, o esencial segue igual: «Teñen os mesmos defectos»

30 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Non sabe a candidata do BNG, Ilva Carril, se a nova etapa socialista en Camariñas beneficiará ou non ao resto de formacións políticas, mais ten clara unha cousa: muda o nome, pero non o fondo. «Mesmo grupo e mesmos defectos. A única diferenza é que esta muller non ten carisma: non me preocupa Sandra Insua», dicía onte, tallante, Ilva Carril.Apostará, se gaña, polo sector pesqueiro e polos servizos sociais para os maiores.

-Longa xornada a de onte [polo domingo electoral].

-Moito, aquí en Camariñas rematamos á unha da mañá coa última mesa. Isto do Senado había que eliminalo.

-É xa unha veterana nestes eidos. Canto tempo leva vinculada á política local?

-En política levo uns 12 anos -catro deles como concelleira-, pero levo bastantes anos máis afiliada ao BNG.

-Os socialistas, que ostentan agora a alcaldía, cambian de candidato respecto aos anteriores comicios. Cre que isto beneficiará ao resto das formacións?

-Iso non o sei, pero para min segue a ser o mesmo lobo con pel de cordeiro. Idéntico grupo, traballaron xuntos durante moito tempo e teñen os mesmos defectos. A única diferenza é que esta muller non ten carisma: non me preocupa Sandra Insua.

-Como ve a política local en Camariñas?

-Moi mal. Tanto a dereita como o socialismo están, entre eles, rotos no medio. O que menos lles interesa neste momento é o concello, do que se preocupan é de disputarse os postos de mando. Preocúpame moito o meu concello, pois está moi abandonado.

-En que basea o programa?

-Levamos varias ideas de forza. Primeiramente o apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro, que é en realidade do que vivimos, pois somos un pobo de mar no que mesmo a industria que temos vén deste sector. Gustaríanos tamén avanzar no proxecto de creación dun centro de día para os maiores, pero o que máis nos interesa é abrir o concello a todo o mundo, non só aos amigos dos alcaldes. O goberno do BNG abrirá as portas a calquera que queira vir falar con nós, a darnos opinións e ideas, porque así dariámoslle vida á vila.

A favor / en contra

Cadea perpetua revisable: En contra

- Aborto: A favor

- Investigados nas listas: En contra, con matices

- Traslado de restos de Franco: A favor! [ri]

- Referendo Cataluña: Apoio a decisión do pobo

- Acollida de refuxiados: A favor, tamén con matices

- Eutanasia: A favor

- Cambio lei violencia xénero: Sempre que sexa para endurecela

- Prohibición fumar praias e piscinas: A favor

- Casco urbano a 30 km/h: En contra

Preferencias

- A que hora se ergue?Sobre as 6.30

- Que almorza?Café con leite e unhas galletas

- Prato preferidoChurrasco

- Que non comería?Caracois, danme moita grima

- Bebida preferidaUn gin tonic

- Equipo de fútbolDépor, pero son máis de balonmán

- Que coche ten?Un Citroën Elysee

- Unha afecciónViaxar

- Un lugarA praia do Trece

- Que tarefas de fogar realiza?Todas, por desgraza [ri]

Artes e letras

- Escritor favorito: Rosalía

- Último libro que leu:  Antonio B. el ruso, Ciudadano de tercera

- Última película que viu: Bohemian Rhapsody

- Un artista: Sés

- Un actor: Luís Tosar

- Unha actriz: Isabel Risco

- Un cantanteSés, outra vez

- Tipo de músicaToda

- Deporte que practica[Ri] Deixémolo en camiñar

- Unha viaxe pendenteTodas

A listaxe

1. María Ilva Carril Martínez

2. Eugenio Castro Pardiñas

3. Xurxo Manuel Rodríguez Baña

4. Ana María Pasantes Bouza

5. Manuel Ángel Brión García

6. Lucía Baña Ponte

7. Noelia Rial Carril

8. María Lorena Lema Rey

9. José Manuel Blanco Soneira

10. José Juan Bermúdez Tajes

11. Rosa María Bermúdez Castro

12. Carole Trillo Vidal

13. Francisco Sánchez Mouzo

Suplentes:

1. Tamara Suárez Carracedo

2. Manuel Camiño Mouzo

3. María Celia Baña Pérez

4. Eduardo Pasantes Pasantes

5. María del Carmen Tedín Albores