Díaz de Rábago


A nosa ollada ao pasado é sempre selectiva: depende do que nos importan do presente. Cando hoxe en día vemos tantas publicacións sobre a historia das mulleres ou sobre os terzos de Flandes, en realidade estamos falando da reivindicación do papel da muller na sociedade ou de determinada visión de España.

Os prohomes e mulleres do pasado do país sempre son literatos. Isto é inevitable e non somos especiais por iso: pasa en todas partes e, ademais, no Barbanza e na Costa da Morte temos unha excelente colleita de creadores do pasado século que reivindicar. Pero esa escolla de biografías nunca é inocente: ás veces deixamos importantes figuras no esquecemento tan só porque non teñen padriños do hoxe.

Estes días repasaba a vida e obra de Joaquín Arias y Díaz de Rábago, un intelectual que foi señor da Casa Grande de Aguiar, na Pobra. A maior parte da xente coñecerao unicamente pola placa que, na fachada do seu pazo, acompaña á da propia Condesa de Fenosa.

Don Joaquín foi unha importante figura do século XIX en Galicia: un economista de prestixio internacional. Era liberal no económico, e defendía compensar os abusos do sistema coa compaixón do católico. Foi o primeiro en preocuparse, no país, pola creación de cooperativas e por deseñar sistemas de salvamento marítimo: ata aquel momento ás autoridades importáballes un pemento a seguridade no mar. E, ademais, sempre estivo moi vinculado ao Barbanza.

Igual que as nosas escollas nos falan do que nos preocupa, os nosos silencios tamén o fan.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Díaz de Rábago