Sentimento da terra


Foulóns, engolar, socheo, fesga, furnón, atalieiro, orzar, garruchos... Son palabras que se un non é un vello mariñeiro terá difícil entender. O mar xa non é o que era. A pesca industrial tapou cunha grosa capa de po do esquecemento un vocabulario que vai morrendo cos veteranos lobos de mar. Non entanto, sempre hai persoas que acoden ao rescate do que moi poucos prestan atención. Unha delas é Miro Villar, poeta fecundo, filólogo e estudoso profundo de, entre outros, homes de letras como Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón ou Antonio Zapata García, todos eles dun gran valor creativo, pero que o tempo vai cubrindo de esquecemento. «Dorna saudal», poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata, é o último libro do intelectual ceense. Un traballo que se fará, seguramente, imprescindible en centros de ensino para entender ao primeiro poeta do mar galego e mesmamente moitos aspectos das creacións literarias relacionadas co mundo pesqueiro. Zapata é un dos grandes valores literarios da Costa da Morte. Miro Villar xa lle dedicou a súa tese de doutoramento. Agora ofrece un profundo estudio do léxico deste emigrante laxés que escribiu na América a súa obra, consagrada na súa totalidade á terra que veu nacer. A pesar da distancia foi quen de manter a chama da inspiración conectada á terra e ao litoral nativos. Un traballo cheo de sabedoría sobre o cantor destas costas atlánticas, un home da Celtineria, que sentiu como ninguén naufraxios, faenas e vivencias costeiras moi propias deste país dos silenciosos. En fin, un auténtico sentimento da terra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Sentimento da terra