Fernández Rial avoga por un novo método didáctico

La Voz

CARBALLO

. < / span>

A carballesa presentou onte en Santiago o libro+deuvedé «Aulas sen paredes»

11 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O instituto compostelán Xelmírez 1 acolleu onte a presentación de Aulas sen paredes, un estudo teórico-práctico no que Rosalía Fernández Rial propón unha nova metodoloxía didáctica para o ensino en secundaria. A tese de doutoramento da profesora e escritora carballesa é o punto de partida desta obra en formato libro+deuvedé no que aborda o emprego da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas. Na presentación do volume, editado por Edicións Positivas e a Xunta, estivo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que cualificou a obra de «traballo innovador, asentado asemade en fortes bases teóricas e na práctica docente máis comprometida» e destacou a utilidade que terá para outros profesores.