09 mar 2015 . Actualizado a las 10:13 h.
Vanessa Lafuente Varela (Carballo, 1986) foi a novidade. A atleta era a segunda carreira na que participaba e contra todo prognóstico foi a mais forte nos 10 quilómetros.
-¿Esperaba ser a primeira?
-Non esperaba gañar, e co sol que fixo a verdade é que foi moi dura a proba.
-Non é habitual vela correr.
-(Risas) É a segunda proba na que compito. A primeira foi a do Anllóns en Carballo e alí Teresa Castro gañoume. E agora participei nesta. O gañar animoume a participar no circuíto.
-¿Fai algunha preparación?
-Non, non adestro no atletismo nin moito menos. Fago algo de zumba, pero pouco máis. A verdade que este é un descubrimento para min e estame a gustar moito. Por iso voume a animar en participar máis veces.