Unha área de gran riqueza biolóxica


A

Costa da Morte supón unha das mellores áreas para a presenza de mamíferos mariños. A alta produtividade do afloramento, que ten o su punto central fronte a cabo Touriñán, permite unha explosión de alimento e fai que conte entre a súa riqueza biolóxica cun bo número de especies depredadoras, entre as que podemos atopar dende as baleas, en augas máis profundas, ata os golfiños e arroaces na plataforma e augas costeiras. Tamén que estean presentes especies que non viven habitualmente nas nosas costas, como son os lobos mariños (foca gris en castelán), que se achegan a nós na súa etapa de dispersión xuvenil.

O problema é que esta área costeira tamén resulta ser unha intensa zona de pesca. Na balanza da interacción, entre as especies animais e as actividades humanas, son os animais os que rematan perdendo e moitos caen accidentalmente nas artes de pesca, o que comprobamos co importante número de animais varados anualmente na costa.

Algúns destes exemplares localizados aparecen nas praias por outros motivos, este é o caso dos cachorros dos lobos mariños, que tratando de buscar o seu primeiro alimento poden atoparse con moitas dificultades, como un simple catarro, e é o motivo de que aparezan vivos ao longo da costa, negándose a volver ao mar.

Nesta situación compre advertir ao público de que manteña precaución cando vaia pola costa, e se detecta a un lobo mariño descansando nunha rocha que non se achegue, ou se levase cans, que non permita que lle causen molestia.

Dende o ano 1999 a Dirección Xeral de Conservación da Xunta instaurou a Rede de Varamentos de Galicia, executada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-Cemma, neste ámbito rexístranse todos os animais varados, recollendo datos e mostras biolóxicas dos exemplares mortos e tratando de rehabilitar as tartarugas e lobos mariños varados con vida. No caso dos cetáceos, se aparecen varados vivos, é todo máis complicado por iso destacamos a necesidade dun centro de recuperación de fauna mariña ameazada para Galicia, os 300 varamentos anuais, un 10 % vivos, xustifícano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Unha área de gran riqueza biolóxica