Terra Galega

La Voz

CARBALLO

-(Manuel Andrade) ¿Cando de verdade van poñer un paso de peóns na avenida de Bértoa?

-A Administración titular da AC-552 é a Xunta, é á que lle compete dar resposta ás necesidades. Preguntámoslle se podían colocalo e dixeron que non por cuestións económicas. A semana pasada recibimos a autorización para facelo nós, con determinadas condicións, que inclúen un semáforo con pulsador. Temos que actuar así porque se facemos algo nunha estrada que non é nosa sen autorización e hai un accidente, a responsabilidade civil subsidiaria corresponderíalle ao Concello de Carballo.