A exposición «MINGUaRTE»

J. Manuel Canedo Aguiar

CARBALLO

Un momento da inuaguración da exposición colectiva «MINGUarte», que poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo ata o vindeiro 31 de xullo.
Un momento da inuaguración da exposición colectiva «MINGUarte», que poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo ata o vindeiro 31 de xullo. j. m. casal< / span>

19 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Vin ao lonxe unha cadeira de rodas, como se botase fume, e pensei: «Seguro que é Milagros Cotelo coa cadeira que lle deberon dar os da Xunta, seguro que é unha cadeira a vapor, collida por Feijoo no museo de Cadeiras de Rodas. ¡A tal punto chega a austeridade!»

Non, non era unha cadeira a vapor, era a cadeira de sempre empurrada por Manolo Barrié coas súa sempiterna faria na boca fumegando.

Atopabamonos no Pazo da Cultura de Carballo, pois inaugurábase a exposición de creadores bergantiñáns. Milagros tamén expuxo. O inicio da exposición foi unha danza interpretada e bailada por Alba Fernández Cotelo. Subiu as escaleiras danzando ao son da Negra Sombra. ¡Que maneira de dobrarse! Sempre pensei que os ósos non dobraban, ¡pero os dela deben ser de goma! ¡Eu súo sete suares para atar os zapatos! Despois dos discursos volveu a bailar unha peza tecno, referente a crise.

Entrei na sala da exposición mirando que non estivera Montoro para cobrarme o 21 % de IVE, pero dixéronme que era gratis e que o 21 % de gratis é gratis.

Sempre que fun ao Pazo da Cultura pasei calor, pero desta vez non, dado que o tema da exposición é a crise e a min a crise dáme calafríos. ¡Nin sequera quitei a chaqueta!

Ollei as obras, vin dous cadros, un de un home e outro dunha dona espidos, supoño que a lectura da obra é que como sigamos así, vamos a quedar en pelotas. Por certo fixeime na zona xenital do home e respirei aliviado.

Outro cadro que me chamou a atención foi o do Mighelo. Díxome que representaba a nena de Rajoy. Toda consumida, nos ósos, con un chupa usado na boca. ¡Austeridade e recortes! Vestida con farrapos mercados no Recorte Inglés.

Paro, preferentes, recortes en educación, en sanidade, desafiuzamentos... Por certo, votei de menos unha viñeta dun carballés, que vin no seu blog. Ía un caracol pola beirarrúa e dicía: «Bos días limagacha», ao que respostaba o aludido: «¡Non son unha limagacha!, son un caracol coma ti, só que me desafiuzaron».

É certo que hai crise, crise económica, crise de valores... Pero de creatividade non hai crise. Poden subir o IVE ao cen por cento, que os creadores seguirán a crear. Unha, porque son altruístas, e outra porque son egoístas e gústalles ensinar a súa obra. Seguirán a traballar aínda perdendo cartos. E nós os mortais, sempre , grazas a Internet, gozaremos das súas obras. O goberno non conseguirá eliminar a creatividade. Non conseguirán que teñamos o mesmo nivel cultural ca eles.

Esta exposición pódese considerar o arranque, o inicio, o empezo, o primeiro das festas de San Xoán e o Sueño de Morfeo non vai a ser o penúltimo nin o último, pois despois deles aínda haberá moita troula. ¡Boas festas!