Os responsables municipais sumáronse ao recital poético
12 dic 2012 . Actualizado a las 18:24 h.Con toda puntualidade, ás 12 da mañá deste 12 do 12 do 2012, os representantes do Concello de Cee uníronse ao recital de Deitado frente ao mar, o poema de Celso Emilio Ferreiro, incluido en ''Longa noite de pedra'', co que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quixo lembrar a figura do autor de Celanova.
A rexedora, Zaira Rodríguez; O teniente de alcalde, Daniel Oca, e concelleira de Servizos Sociais, Maribel Fernández, participaron no acto xunto con varios traballadores municipais.