el personaje
A asociación Proxectando, da que é directiva Vanessa Insua, volve a sumar forzas con outras entidades. Nesta ocasión, adiántanse ao Xiriapop, que se celebrará os días 21 e 22, coa proxección de dous documentais de temática musical (este venres e o día 20) na sala Dublín.
-¿Como xurdiu esta idea?
-Foi unha proposta que lle fixemos aos organizadores do Xiriapop porque é un evento de importancia, consolidado e relacionado cos intereses da mocidade.
-¿Por que eses dous documentais en particular?
-Porque están relacionados co tipo de música do Xiriapop, un pouco underground. Ademais, o acto deste venres terá un toque máis festivo xa que haberá unha picada con tres pinchadiscos de Carballo.
-¿A asociación vai repetir colaboracións coma esta ou coma a da Festa do Bosque?
-Estamos abertos a novas colaboracións porque tal e como están a situación pensamos que sumar esforzos é un bo xeito de poder facer máis cousas.
vanessa insua asociación proxectando