As actividades paralelas das feiras achegan aos autores ao público
15 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.A Feira do Libro de Cee e a Praza dos Libros de Carballo son as dúas únicas citas en toda a Costa da Morte que os afeccionados á lectura teñen para mercar libros a un mellor prezo e ollar as novidades e tendencias literarias.
No caso da vila ceense, onte remataron as actividades paralelas, os obradoiros infantís así como as novidades dos conta contos en árabe e en linguaxe de signos. «Foron un éxito, un xeito de conectar con todos os públicos», como indicou Víctor Castiñeiras, técnico de Cultura de Cee e membro do equipo organizador da feira.
Pola súa banda, Lola Solano, de Liberías Ler, de Cee, fai unha valoración positiva das vendas. «A pesar de la la crisis no nos podemos quejar, tenemos muchos ejemplares agotados, sobre todo los libros de los autores locales. Se vendieron casi todos a lo largo del día de la presentación», declarou.
No entanto, o tempo non acompañou moito nas últimas xornadas. Aínda así, os libreiros esperan que o peche da campaña sexa bo. As casetas estarán abertas ata mañá de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.
Carballo será a encargada de coller o relevo con una nova edición da Praza dos Libros. A actividade das casetas desenvolverase entre os días 23 e 26 deste mes na praza do Concello.
Novidades
Ademais das habituais presentacións de libros, este ano, como xa se fixo nalgunha edición, presentaranse dous discos, pero nesta ocasión con concertos en pequeno formato. Xabier Díaz e Guillerme Fernández darán a coñecer o sábado día 25 pola mañá Arrolos de salitre, un cedé composto de nanas para bebés e que está enfocado para que os pais e nais asistan cos carriños a gozar da música. O domingo 26, ás 20.00 horas, a rapeira Aída Alonso, máis coñecida como Aid, amosará o seu novo libro- cedé Rapoemas, unha recompilación de textos da literatura de autores tradicionais galegos. Segundo Nel Vidal, o normalizador lingüístico do Concello de Carballo, que organiza a Praza dos Libros, este concerto será moi interesante, porque «é un xeito de achegar á mocidade a literatura nunha clave distinta».
Pero, sen dúbida, a novidade que máis vai sorprender a quen se achegue á Praza dos Libros será a presentación dun novo filme.
lITERATURA cEE Y cARBALLO