«A feira é a mellor forma de contactar co libro»

Onte rematou na localidade ceense unha cita cultural que se repite cada verán dende o ano 1992


carballo/la voz.

Manuel Alvariñas Martínez, de 55 anos e natural de Cee, fai as súas valoracións particulares con motivo da Feira do Libro da localidade, que se celebrou desde o xoves día 12 ata onte ás 22.00 horas, momento no que se pecharon as casetas situadas na Praza da Constitución, incluída a súa. O protagonismo tamén estivo marcado polas presentacións dos libros de autores coma Ceferino Díaz, Pemón Bouzas, Rafael Lema, Concha Blanco, María Canosa ou Marcos Giralt.

-¿Que valoración fai da edición de este ano?

-Non foi coma outros anos, este ano a feira foi máis frouxa. Notouse en todo, e eu creo que ten que ver coa situación de crise que afrontamos na actualidade. Aínda así, os días 15 e 16 foron mellores debido ás festas da localidade.

-¿Cales cre que son as principais causas?

-Non é unha crise de lectores, o que máis afecta é a crise xeral que afrontamos. Os prezos seguen igual que sempre; ademais, cada libro ten un prezo particular, non é un área para comparar.

-¿Que tipo de obras foron as máis demandadas?

-Sobre todo destacaron as últimas novidades que se presentaron na feira este ano. As presentacións dos libros foron as que más tiraron das ventas.

-Pero se tivera que destacar un libro desta feira. ¿Cal sería?

- O Asedio , de Arturo Pérez-Reverte, tivo moi boa acollida.

-¿Gustan máis este tipo de novelas?

-Si, sobre todo trunfan as novelas de evasión.

-¿Que tipo de xente acude ás casetas?

-De todo, houbo moita xente de paso, coma sempre hai moita xente que só vai curiosear. A xente de fóra constitúe a maioría do público, pero a xente de Cee é incondicional, ten que pasar pola feira sempre. É a mellor forma de que a xente contacte co libro.

-¿Como afronta a aparición das novas tecnoloxías na lectura?

-Non creo que importe. Unha cousa non vaia matar á outra. É un tipo de lector distinto que ten un fin distinto, sobre todo está destinado para a xente nova e máis profesional, xa que permite grandes vantaxes de consulta.

-¿No seu caso que prefire?

-De momento prefiro o libro de papel, xa que se identifica máis co momento de evasión que busco como lector. Pero coma libreiros temos que adaptarnos e introducir as novidades.

-¿Que libro recomendaría?

- Invisible , de Paul Auster.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«A feira é a mellor forma de contactar co libro»